O PP de Boiro insta ó goberno a abrir a piscina municipal

BOIRO> O PP de Boiro urxe ó goberno municipal a reabrir a piscina que leva pechada máis de tres anos. Piden ademais que a entrada sexa gratuíta ata finais de ano en compensación pola interrupción prolongada do servizo.

Os populares de Boiro esixen a apertura inmediata da piscina municipal que leva xa tres anos pechada. Din que a pesar dos reiterados anuncios por parte do goberno da inminente posta en servizo da instalación, a día de hoxe segue sen abrir ó público.

Demandan ademais que o uso das instalacións sexa de balde ata finais de ano para compensar ós cidadáns polas molestias que ocasionou o peche do servizo.

Sosteñen os populares que a piscina está en condicións de abrir ó público posto que actualmente está a ser usada polo club de natación polo que non entenden que permaneza pechada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí