Rianxo despide ata o ano ás Festas da Guadalupe

RIANXO> O pasado venres remataban as festas da Guadalupe en Rianxo, despois dunha semana de celebracións. E fixérono, como é costume, cun dos actos máis vistosos dos que se celebran na comarca e fóra dela, como é a cantada da Rianxeira á luz das bengalas, na praza Castelao.

Antes da hora prevista para o inicio, a praza foise ateigando de xente, gozando do bo ambiente festeiro.

Ás dúas en punto da mañá, as luces apagáronse, recordando a tódolos presentes que se achegaba un dos momentos máis esperados destas festas. Foi entón cando pouco a pouco comezaron a acenderse as bengalas que repartira a comisión de festas momentos antes..

Na praza, todos a unha, as miles de persoas congregadas empezaron a cantar a Rianxeira, unha das cancións galegas máis universais, acompañando ás tres orquestras que se alternaban en cada unha das estrofas.

Foi un momento emotivo e singular que rematou cunha espectacular queima de fogos de artificio que puxeron o broche de ouro os festexos.

En Rianxo xa contan os días para a próxima Guadalupe…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí