A ILLA> Accidente mortal na Illa de Arousa. A primeira hora desta tarde, un mariscador duns trinta anos falecía na colisión da súa planadora contra unha batea. El e un compañeiro estaban volvendo a porto despois dunha xornada de captura de navallas.
Tralo accidente, o home foi trasladado ata o peirao de Cabodeiro. Alí os servizos de emerxencia intentaron reanimalo, pero non puideron salvarlle a vida. O outro tripulante da embarcación non sufriu danos.
O suceso levantou unha fonda conmoción entre a veciñanza, e moitos achegáronse ata Cabodeiro ao enterarse da noticia.