A patronal de Ribeira promocionará o vehículo eléctrico nunha feira

RIBEIRA> Sete concesionarios da comarca participarán na primeira Feira do Automóbill Híbrido Eléctrico que se celebrará en Ribeira entre o 15 e o 17 de novembro. Durante toda a fin de semana instalarase unha exposición na praza de España que se, ademais de poder probar estes modelos, ofertaranse vehículos de ocasión.

A Asociación de Empresarios de Ribeira decidiu organizar unha feira do automóbil para dar un espaldarazo ó sector trala caída das ventas de vehículos. Entre os días 15 e 17 deste mes instalarase unha carpa na praza de España na que terán especial protagonismo os vehículos híbridos e eléctricos. Tamén haberá un espazo reservado para os vehículos de ocasión

Ademais da promoción de vehículos menos contaminantes e respectuosos co medio ambiente, a feira contribuirá á dinamización económica da vila a través  dos numerosos visitantes que atraen este tipo de eventos.

A intención do concello e da patronal é darlle continuidade a esta feira para convertela nunha cita anual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí