PONTEVEDRA> Nova concentración da Federación de Asociacións de Veciños Castelao contra os abusos das entidades bancarias. Hoxe levaron as súas denuncias ante a sucursal que o Banco Santander ten na praza da Peregrina de Pontevedra. Cos seus berros e pancartas chamaron a atención dos peregrinos e algúns incluso se sumaron á protesta.
Os asubíos e berros dos veciños da Federación Castelao volveron oírse hoxe no centro de Pontevedra. O colectivo trasladou a súa protesta contra os abusos da banca á Praza da Peregrina, diante da sucursal do Banco Santander.
Mentres, celebran as vitorias que se van conseguindo sobre a banca.
A protesta de hoxe chamou a atención da veciñanza e incluso dos peregrinos que ao mediodía pasaban pola praza da Peregrina. Algúns chegaron a poñerse ao lado da pancarta por considerar as reclamacións da Federación unha causa xusta.
Loureiro adiantou que a intención do Movemento Veciñal de Galicia é convocar manifestacións simultáneas nas grandes cidades galegas o vindeiro 1 de xullo. Ademais, tratarán de incluir esta cuestión na orde do día da asemblea da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais, que se celebrará o 16 de xuño.