RIBEIRA> A confraría do Paso, en colaboración coa parroquia, o concello e a asociación das amas de casa que colabora na organización acordou cambiar o día dunha das procesións máis senlleiras da Semana Santa de Ribeira. O paso de Xesús no Horto das Oliveiras sairá o xoves, en lugar do mércores, tal e como viña facendo os últimos anos. Esta non a única novidade da Semana Santa ribeirense que recupera a partir deste ano a escenificación do Encontro e o Desencravo, tal e como se facía antigamente. Para facilitar o seguimento destes actos litúrxicos por parte dos veciños, o concello traballa xa na instalación dun fío de megafonía na rúa peonil. O Venres Santo terá lugar a procesión do Santo Enterro mentres que o sábado pola noite celebrarase a vixilia pascual que dará paso ó Domingo de Resurrección no que se pechan as celebracións da Semana Santa.