Barbanza Arousa entrega o selo de calidade SICTED a máis de 30 empresas e servizos turísticos

BOIRO> A Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa celebrou a pasada tarde a Gala do Turismo na que se entregaron os certificados SICTED . Máis de 30 empresas e servizos turísticos recibiron o selo de calidade que acredita a excelencia e sustentabilidade na prestación do servizo.

A Gala do Turismo Barbanza Arousa celebrada a pasada tarde no Pazo de Goiáns puxo de manifesto a aposta pola calidade na comarca. Este é o obxectivo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) ó que a Mancomunidade se adheriu este ano coa participación de máis de trinta empresas e servizos turísticos que durante a gala recolleron os selos de calidade.

Na busca da excelencia turística, é fundamental a colaboración público privada para levar adiante proxectos tan importantes como  o Plan de Sustentabilidade Turística ou o Plan para destinos Turísticos Intelixentes ‘Traslatio Experimental’.

Coa presenza dos seus representantes na gala, tanto a Deputación da Coruña, como a Xunta e o goberno central ratificaron a súa aposta para seguir a promover o turismo de calidade no Barbanza.

Ademais das empresas obtiveron tamén este recoñecemento outros servizos vinculados co turismo. Destacan entre outros,  as praias de Lombiña-Cabío e os Areos na Pobra, e Coroso en Ribeira, o centro arqueolóxico do Barbanza, a Fundación Museo de Artes do Gravado e o Museo Valle-Inclán asi como as oficinas de información turísitca dos catro concellos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí