O BNG da Pobra reclama diversas melloras para o campo de Cadreche

POBRA> Entre outras cuestións, os nacionalistas piden que o Concello dote de persoal de mantemento a estas instalacións, así como tamén ás do campo da Alta. Recollendo o malestar de numerosos usuarios que a diario empregan estas instalacións, principalmente os clubs de fútbol locais, o BNG pídelle ó goberno municipal a realización dun plan de actuación que veña a solucionar as importantes deficiencias existentes, derivadas principalmente da falla de mantemento. Entre outras cuestións piden a mellora dos vestiarios, a instalación dunha rede perimetral a todo o terreo de xogo ou a mellora dos accesos. Para o BNG sería tamén vital que unha persoa do cadro de persoal do propio Concello se encargara de xeito directo desta instalación así como tamén da do Estadio da Alta.