O Concello de Pontevedra agarda que os veciños “de boa fe” vexan como os composteiros non causan molestias

PONTEVEDRA> Coa polémica aínda viva en Eduardo Pondal, agora son os veciños de Ponte Boleira os que protestan contra a instalación dun composteiro comunitario. O Concello pretende poñelo fronte un edificio. Os seus residentes din que están a favor da compostaxe, pero non tan preto das súas vivendas.

O Goberno Local, pola súa banda, insiste en que o PP está detrás destas protestas. O voceiro do executivo agarda que os “veciños de boa fe” acaben por ver que os composteiros non causan molestias.