O Concello de Pontevedra e a Xunta ‘reinician’ a colaboración para o saneamento da ría

PONTEVEDRA> A Xunta e o Concello de Pontevedra “reinician” a colaboración para o saneamento da ría. Esta mañá, o goberno galego presentou o proxecto de mellora do bombeo de Cocheras. Busca paliar as consecuencias das deficiencias da rede municipal pola infiltración de pluviais e do mar e evitar vertidos no fondo da ría. A actuación suporá un investimento de 3,7 millóns de euros.

A Xunta e o Concello de Pontevedra volven camiñar da man na mellora do saneamento da ría. Esta mañá, a Conselleira de Infraestruturas, acompañada de da voceira do goberno local e da concelleiro do Ciclo da Auga, presentou o proixecto para mellora-la eficiencia do sistema de sanemanto de Cocheras – Os Praceres.

Agora mesmo está en fase de licitación a redacción do proxecto. As empresas interesadas teñen ata o 20 de maio para presentar as súas ofertas. As obras suporán un investimento de 3.7 millóns de euros. Unha actuación, di a Conselleira, vital para unha zona catalogada como “sensible” pola súa importancia para os sectores produtivos.

O proxecto busca aumenta-la capacidade da infraestrutura, para que poida transportar de Chereras á Depuradora dos Praceres 1.600 litros por segundo, fronte ós 600 actuais.

E valora de xeito moi positivo a actuación, que se traduce -di Carme da Silva- no “reinicio da colaboración entre a Xunta e o Concello de Pontevedra en materia de sanemanto”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí