A andaina 50K de Ribeira percorrerá varios treitos do camiño A Orixe

RIBEIRA> O concello de Ribeira e a asociación de veciños de Carreira volverán poñer en marcha a andaina 50k. A cita, que este ano incorpora importantes novidades, será o sábado 3 de setembro.

Ás nove da mañá partirá do complexo deportivo da Fieiteira esta andaina que forma parte do calendario deportivo de Ribeira dende que se celebrara a súa primeira edición hai agora 20 anos. Os 200 inscritos terán ocasión de percorrer os 50 quilómetros que discorren polos distintos paseos do municipio ou ben decantarse pola distancia alternativa de 30, posto que o percorrido se divide en dous treitos.

Os interesados en participar poden inscribirse a través da web do concello de Ribeira ou en emesports.es.

Ademais da asociación de veciños de Carreira e o concello colaboran na organización desta cita deportiva Arousa Neo, Protección Civil, Congalsa e as tendas de deporte Revolutrion e Estévez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí