A mortaldade do bivalvo polo exceso de auga doce condicionará o inicio da campaña en Rianxo

RIANXO> Os mariscadores de Rianxo volverán ó traballo o próximo luns día dezaseis. A confraría acordou retrasar a apertura da campaña ata mediados de mes ante a elevada mortaldade de marisco provocada pola baixada da salinidade das augas. As persistentes chuvias dos últimos meses tiveron consecuencias moi prexudiciales nas concesións marisqueiras de Rianxo. O exceso de auga doce provocou a mortaldade da ameixa naquelas zonas de menor calado. Ante esta situación a asemblea de mariscadores decidiu retrasar a apertura da campaña que finalmente se iniciará o luns 16 de abril. Nos próximos días, a confraría decidirá tamén o lugar de traballo. Probablemente comezarán a faenar nas zonas menos afectadas pola baixada da salinidade para garantir mellores resultados neste inicio onde os topes aínda son bastante baixos. A mortaldade de bivalvo vén condicionar o arranque da actividade que se soe iniciar a principios de abril, despois do peche dunha maña campaña do libre marisqueo.