Patricia Vilán considera que “política social ten totalmente abandonada a Pontevedra”

Pontevedra> A Deputada socialista Patricia Vilán visitou esta tarde a residencia de maiores de Campolongo. Vilán asegura que o seu partido está preocupado pola situación desta residencia , por esta razón presentaron varias iniciativas no Parlamento Galego. A deputada pontevedresa considera que a Consellería de Política Social ten totalmente abandonada a Boa Vila.

A deputada socialista, Patricia Vilán, quixo amosar esta mañá a súa preocupación ante a situación na que se atopa na actualidade a residencia de maiores de Campolongo en Pontevedra. Esta mesma tarde, Vilán, acompañada doutros membros do partido visitaron esta residencia para coñecer in situ o que está pasando neste centro e o estado no que se atopa.

Vilán dixo que presentaron varias iniciativas centradas na necesidade do aumento do persoal dentro do propio centro e tamén na adaptación especial dalgunhas das zonas desta residencia.

Dende o PSOE tamén solicitaron nestas iniciativas que se elabore un informe relativo á estrutura do edificio para que se determine as necesidades do mesmo. Dende as filas socialistas agardan que estas demandas sexan adoptadas ao longo deste 2018, as iniciativas debateranse, agardan, nos vindeiros 15-20 días.