Luz verde ás obras de reforma da rúa Virxe do Camiño

Pontevedra> O Goberno Local en Pontevedra da luz verde ao inicio das obras por valor de máis de 2,5 millóns de euros en diferentes puntos da cidade. Deste investimento máis de 1,1 millóns de euros irán destinados a reforma da rúa Virxe do Camiño, o seu entronque con Eduardo Pondal e as rúas que chegan a ela que son, Mariscal Pardo de Cela e José Casal.

O Goberno Local en Pontevedra da luz verde ao inicio das obras por valor de máis de 2,5 millóns de euros en diferentes puntos da cidade

A Xunta de Goberno local adxudicou á reforma integral da rúa Virxe do Camiño, a primeira das actuacións en carteira do Concello para mellorar o Camiño Portugués ao seu paso polos barrios. A obra foi adxudicada a empresa Oresa por 1.146.785 euros e afecta ademais da rúa Virxe do Camiño, a súa cabeceira no entronque coa rúa Eduardo Pondal e as rúas que desembocan nela: Mariscal Pardo de Cela e José Casal.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a contratación dunha asistencia técnica para facer unha análise, redacción de pregos técnicos e administrativos e valoración do servizo de recollida de lixo e derivados. A empresa adxudicataria foi Lagares Oca por 66.550 euros.