A POBRA> O concello da Pobra oferta dous cursos de habilidades dixitais para o mes de novembro. Impartiranse os martes pola tarde e ademais de deseño e impresión en 3D, nesta edición incorpórase a robótica.
Tralo éxito dos itinerarios formativos impartidos en abril, a concellería de Mocidade decidiu darlle continuidade cunha oferta aínda máis ampla para etste mes de novembro.
Os obradoiros serán de balde e abertos a tódalas idades. Impartiranse tódolos martes de novembro en horario de tarde. En función da demanda poderían ter continuidade a partir de xaneiro.
Os interesados xa poden formalizar a súa inscrición chamando ó concello ou a través do enderezo mocidade@apobra.gal.











