Detidas catro persoas na Pobra por alomenos doce roubos a negocios de hostalería

POBRA> A investigación realizada polos axentes da Garda Civil, permitiu a detención de catro pobrenses ós que se lles acusa de ser os presuntos autores dun total de doce roubos a  negocios de hostalería da localidade, outro a unha vivenda habitada e tamén a dúas embarcacións das que se levaron varias ferramentas.

Fontes do Instituto Armado confirmaron ademais que a dous deles constábanlle ordes de detención por parte do Xulgado de Instrución de Ribeira pola súa implicación noutros roubos cometidos con anterioridade.

Segundo os datos ós que tivo acceso esta redacción a contía de todo o subtraído podería roldar os cinco mil euros, incluíndo tamén gran cantidade de bebida e comida.

Os catro prendidos, xunto coas dilixencias practicadas, xa pasaron a disposición xudicial no Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira, quen decretou a súa liberdade con cargos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí