Normalidade nas praias do Barbanza na primeira fin de semana de xullo

BARBANZA> A primeira fin de semana de xullo deixou tamén no Barbanza praias cheas de xente. En Carnota foi preciso cortar o acceso á Boca do Río ante a gran afluencia de vehículos estacionados no aparcadoiro. Noutros concellos como Ribeira non houbo que regular os accesos posto que os areais non rexistraron problemas de aforo.

As altas temperaturas nesta primeira fin de semana de xullo dificultaron o mantemento da distancia de seguridade nalgunhas praias. Malia todo, a normalidade foi a tónica dominante posto que nin tan sequera foi preciso regular o acceso a areais tan concorridos como Coroso ou o Vilar en Ribeira.

Preocupan máis as aglomeración rexistradas nas zonas de ocio nocturno onde a policía local tivo que disolver varios grupos que non respectaban as medidas de prevención. O alcalde fai un chamamento á responsabilidade individual para atallar rebrotes como o que hai dúas semanas provocou un incremento de contaxios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí