A Xunta celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cunha xornada de convivencia no Complexo Dunar de Corrubedo

RIBEIRA> Hoxe 5 de xuño conmemórase ne todo o mundo o Día do Medio Ambiente. Para celebralo, a Xunta organizou unha xornada de convivencia no Parque Natural de Corrubedo que contou coa presenza da Conselleira de Medio Ambiente.

O Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán foi escenario hoxe dunha xornada de convivencia con persoal dos parques naturais de toda Galicia. O obxectivo deste encontro, organizado co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente, era crear un espazo onde os axentes encargados de protexer e preservar estes recursos naturais puideran intercambiar experiencias ó tempo que poñer en valor o seu traballo.

A Conselleira de Medio Ambiente, que presidiu a xornada, destacou o esforzo inversor que está a realizar o seu departamento para a mellora dos parques naturais non só con actuacións na súa contorna e dotación de servizos senón tamén na reintrodución de especies de flora e fana ameazadas.

Na actualidade, o 42 por cento do territorio galego está amparado por algunha figura de protección mentres que o 12 por cento da superficie da comunidade está incluída na Rede Natura. De aí, a importancia de compatibilizar a súa preservación cun uso público sostible.