NOIA> Noia encara esta fin de semana unha das súas festas grandes. O San Marcos volverá celebrarse tras dous anos de parón. A feira cabalar será o epicentro das celebracións que inclúen tamén concertos e actividades para os máis pequenos.
O luns 25 será o día grande do San Marcos coa Feira Cabalar e a exposición de maquinaria agrícola en San Lázaro. A pesar das malas previsións meteorolóxicas agárdase gran afluencia de asistentes ante o elevado número de participantes inscritos nos distintos categorías do conurso de cabalos. Como anticipo o sábado terá lugar a ruta cabalar Portus Apostoli.
A nota musical correrá a cargo de destacados grupos tanto do panorama galego como a nivel internacional, entre os que destacan a De vacas e Doutor Queen. Non pode faltar como tódolos anos a orquestra de referencia para a vila noiesa.
Completan o programa a gran foliada do domingo no que distintos grupos de gaitas e a banda municipal sairán de distintos puntos de Noia para reunirse na alameda.