A veciñanza de Coaxe denuncia o risco que supón a construción dun almacén para produtos pirotécnicos

CATOIRA> Veciños de Catoira mobilízanse contra a construción dun almacén destinado ao almacenamento de material pirotécnico. A veciñanza ten medo que un accidente poida poñer en perigo as súas casas e incluso as súas vidas. Séntense enganadas polo goberno local e advirten que mobilizaranse todo o posible para que o almacén non se destine a gardar material pirotécnico.

A veciñanza da zona de Coaxe en Catoira está en pé de guerra. Preto das súas casas estase construíndo un almacén que segundo indican destinarase para almacenar material pirotécnico. Advirten que é un perigo e que teñen medo

Os veciños comezaron a mobilizarse para evitar que o almacén acaba destinado a ese uso. Están recollendo firmas e sinalan directamente as administracións e especialmente ao concello por enganalos.

A estas protestas sumouse o BNG da vila. Dende o partido nacionalista sinalaron os perigos que suporía o almacén pirotécnico e culpan ao goberno local. Ao alcalde por enganar á veciñanza e ao voceiro do Partido Popular por non facer nada para evitalo.

Os veciños están recollendo sinaturas e realizando reunións para estudar as posibles accións a tomar para evitar que o almacén garde material pirotécnico. Tamén tomarán outras medidas como mobilizacións e a contratación dun avogado para loitar nas rúas e nos tribunais contra esta empresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí