A Garda Civil investiga a un veciño de El Ejido por estafar a un concello do Barbanza

BARBANZA> A Garda Civil non quere polo de agora desvelar o nome do concello estafado.

O que si se sabe é que o autor do calote conseguiu enganar ó concello mediante unha técnica de ciberdelincuencia moi empregada na actualidade, coñecida como ‘fishing’, de compromiso de email corporativo.

Logrou facerse cun botín de máis de 47 mil euros, dos que puideron recuperarse uns 15 mil.

A investigación iniciouse en xaneiro, unha vez interposta a denuncia por parte do concello. As pesquisas realizadas polo equipo especializado da Garda Civil en este tipo de estafas por internet permitiu a identificación do autor dos feitos, un veciño de El Ejido, en Almeria. Ó parecer xa lle constan numerosos antecedentes anteriores por estafas similares.

Dende a Garda Civil insisten en dar varios consellos para evitar este tipo de estafas, bastante comúns  na actualidade.

–inserto

Tódalas dilixencias instruídas xa lle foron remitidas ó Xulgado Número 2 de Ribeira que é quen instrúe a causa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí