Pontevedra> O futuro skatepark da Xunqueira da un paso máis adiante. O Concello e a Asociación de Skaters de Pontevedra presentaron esta mañá o anteproxecto da instalación, que se caracterizará pola integración deportiva, urbanística e paisaxística.
O novo skatepark da Boa Vila ubicarase na entrada do campus universitario, conectando a cidade coa área deportiva da Xunqueira. O proxecto pretende a integración dos elementos deportivos con zonas verdes, paseos e arborado.
Terá unhas dimensións aproximadas de 40 por 20 metros, con espazos diferenciados de rampla e street; e estará habilitado para acoller competicións internacionais.
Dende a Asociación de skaters resaltaron a importancia deste tipo de instalacións para a formación dunha base para este deporte, que xa é olímpico.
O concelleiro de xuventude no marca prazos para a construción e apertura do skatepark aínda que subliña que os pasos dados van na dirección correcta.
A colaboración do concello coa asociación de skaters comezou coa apertura do skatepark provisional de Mollavao. Agora, traballan xuntos na definición das necesidades técnicas da nova instalación, que terá un custo de arredor dos 400.000 euros.