22 postos formarán parte do mercado das flores de Cambados que de novo se celebrará en Fefiñáns

CAMBADOS> 22 postos formarán parte do mercado das flores de Cambados. A vila volverá a organizar a feira na Praza da Fefiñáns dado o éxito acadado na edición anterior. A entrada é de balde e a súa celebración terá lugar do 29 ao 31 de outubro.

Un dos mercados das flores máis grandes e populares de Galicia celébrase no concello de Cambados. A boa organización e a gran demanda por parte dos visitantes, leva a 22 postos a participar na edición de este ano. A localización, debido ao éxito do ano pasado, volverá a ser a Praza de Fefiñáns.

A novidade deste ano será a instalación dunha carpa para aforrar enerxía e crear un mercado máis vistoso.

O éxito do mercado das flores de cambados supón un pulo importante para a vila, tanto a nivel económico como de promoción turística.

A entrada é de balde e no mercado poderán mercarse todo tipo de flores. Os postos son todos de profesionais do sector o que garante a calidade dos produtos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí