RIBEIRA> O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, presidiu esta mañá no Concello a recepción oficial ós nenos saharauís que pasan o verán con familias de acollida do municipio. ó acto tamén asistiron representantes da comarca do Barbanza da Sociedade Galega co Pobo Saharauí, SOGAPS, e a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, así como outros membros da corporación municipal.
O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, así como outros membros da corporación municipal, recibían esta mañá no Concello aos tres nenos saharauís que pasan o verán con familias de acollida no municipio, grazas ó programa ‘Vacacións en Paz’. No acto o rexedor interesouse pola súa estancia en Ribeira, e aproveitou para eloxiar a xenerosidade das familias de acollida.
–inserto
Moitas destas familias repiten experiencia, animando a máis xente a facelo, xa que resulta totalmente enriquecedora.
–inserto
No acto, os tres pequenos recibiron tamén un pequeno agasallo do Concello en forma de mochilas e outro tipo de material escolar.