A provincia de Pontevedra lidera o turismo galego cunha ocupación media do 54,5%

PONTEVEDRA> As Rías Baixas revalidan os mellores datos de ocupación de toda Galicia e sitúanse no “top 5” dos destinos favoritos de España. Así o anunciou hoxe a presidenta da Deputación. Os datos de ocupación media ascenderon este verán ao 54,4% en toda a provincia e o turismo rural converteuse na opción máis demandada.

A provincia de Pontevedra lidera os datos de turismo de toda Galicia. Así o confirmou hoxe a presidenta da Deputación. Aínda que as cifras rexistradas neste verán foron máis baixas que as de anos anteriores pola crise da Covid, Pontevedra conseguiu rexistrar uns datos superiores do que prevían os hostaleiros. De feito, en sectores como o de turismo rural incluso se chegaron a superar as cifras de anos anteriores, acadando o 100% de ocupación na cidade do Lérez.

A ocupación media nos meses de verán ascendeu a un 54,4%. Por comarcas, a de Pontevedra rexistrou un 45% en xullo e un 61% en agosto. En canto á Boa Vila, as cifras ascenderon ao 42,4% en xullo e ao 63% en agosto.

Nestes dous meses, a comarca do Salnés acadou un 49,5% en xullo e un 62,1% en agosto. De feito, neste último mes en lugares como Sanxenxo chegouse incluso ao 65,5%. Unhas cifras que, segundo a presidenta da Deputación, demostran o esforzo que realizou este sector por fortalecer o turismo na nosa provincia.

A meirande parte dos turistas procedían do resto do estado, principalmente de Madrid, País Vasco, Navarra e Cataluña. O turismo estranxeiro quedouse por debaixo do 5%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí