O PSOE de Rianxo insiste na necesidade de  ampliar o servizo de socorristas a máis praias

RIANXO> Para o Partido Socialista o servizo de socorristas que puxo en marcha este verán o goberno de Rianxo en Común é, a todas luces, deficitario, segundo eles, mais de cara a galería, xa que non garante un servizo integral e axeitado para tódalas praias do municipio, limitándoo exclusivamente a Tanxil.

Unha postura que os socialistas non entenden, xa que o actual goberno, cando estaba na oposición, sempre se mostrou moi crítico con este tipo de contratacións.