O deporte tomará as rúas da Pobra

POBRA> A Pobra celebrará mañá o Día do Deporte na Rúa con actividades durante toda a xornada. Están dirixidas a nenos e mozos de entre sete e catorce anos. Desenvolveranse en distitnos espazos do casco urbano como o paseo do Areal ou as pistas do Castelo. Dende atletismo, fútbol e baloncesto ata aeromodelismo, tenis de mesa ou mesmo acrobacias. Son moitas as modalidades deportivas que poderán practicar os nenos e mozos que se acheguen ata a praza Segundo Durán, as pistas do Castelo, ou o recheo do Areal. Ademais da concellería de Deportes colaboran na organización das actividades os distintos clubs deportivos do municipio, como o club de tenis Punta Salera, Baloncesto Asambal. ADECO DEA ou A Asociación Deportiva Barbanza entre outras.rto

 

A inscrición é libre e gratuíta e realizarase no propio lugar onde se desenvolvan as actividades.