Avanzan a bo ritmo as obras da estación de autobuses de Ribeira

RIBEIRA> Nas próximas semanas procederase á instalación de mobiliario e ó peche das marquesiñas con pantallas de metacrilato.

Unha vez finalizada a construción do apeadeiro da futura estación de autobuses de Ribeira, procederase á dotación de mobiliario e a instalación dunha pantallas de metacrilato para contar cunha zona protexida das inclemencias meteorolóxicas.

Paralelamente procedeuse tamén a  adxudicar o acondicionamento da parcela interior cedida por Portos de Galicia. A intención do executivo é ampliar este espazo polo que xa iniciaron os contactos con Portos para formalizar unha nova cesión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí