NOIA> A Xunta de Galicia destina 2’5 millóns de euros para impulsar os centros comerciais abertos. O delegado da Xunta na Coruña informou desta convocatoria de axudas no transcurso dunha visita a Noia.
Impulsar o comercio de proximidade. Este é o principal obxectivo da orde de axudas que vén de publicar a Consellería de Economía dirixida a centros comerciais aberto e federacións e asociacións de comerciantes de ámbito supramunicipal.
O delegado provincial informou desta convocatoria no transcurso dun encontro coa directiva de Noia Histórica no que lles expuxo as novidades deste programa tan necesario para seguir a promover as campañas de dinamización da hostalería e do comercio local.
Ademais das axudas autonómicas, o concello de Noia vén colaborando coa patronal dende a súa posta en marcha dende hai case dúas décadas.
Ademais de abordar os principais aspectos desta convocatoria de axudas, cuxo prazo rematará o 27 de xullo, o delegado presentou un novo entorno dixital que a Xunta vén de poñer a disposición dos CCAA para contar con datos máis precisos sobre o comercio galego.