RIBEIRA> A asociación Amicos celebrou esta mañá en Ribeira o Día Mundial de Concienciación do Autismo. No acto tomou parte a conselleira de Política Social, Fabiola García, que incidiu na importancia de darlle visibilidade ás persoas con TEA.
Amicos elixiu Ribeira para conmemorar o Día Mundial de Concienciación do Autismo. Foi un acto ó que asistiron varios alcaldes e tamén representantes de diferentes concellos da comarca do Barbanza e Muros-Noia, e que estivo presidido pola conselleira de Política Social, Fabiola García. O acto iniciouse coa lectura dun manifesto a cargo precisamente de dous usuarios da unidade de autismo da Asociación, Juan Pombo e Alfonso Pérez.
Na súa intervención a titular de Política Social destacou a importancia do acto, e o orgullo de poder participar nel, para darlle así visibilidade ó autismo.
Na última semana Amicos está a desenvolver unha campaña de suma en azul na que colaboran diversos comercios e concellos da comarca e que está a resultar todo un éxito, coa que se busca concienciar da importancia de romper as barreiras en torno as persoas con Transtorno do Espectro Autista, TEA, e lograr así unha sociedade máis accesible para todos.