Augas de Galicia investirá dous millóns de euros na nova EDAR de Queiruga

    PORTO DO SON> Novo paso adiante no saneamento de Porto do Son. O pleno aprobou o convenio entre o concello e Augas de Galicia para executar a depuradora de Queiruga, na zona de Punxeiros. A piques de finalizar a depuradora de Caamaño e Xuño, o concello de Porto do son traballa xa nos trámites para a EDAR de Queiruga que dará servizo a un importante núcleo de poboación. A nova infraestrurta ubicarase na zona de Punxeiros. O concello xa chegou a acordo cos propietarios dos terreos e comprometeuse a poñelos a disposición da Xunta. Trátase dunha actuación orzamentada en dous millóns de euros que asumirá íntegramente a Augas de Galicia.