BOIRO> O concello de Boiro mellorará os accesos á praia de Mañóns. Ademais da pavimentación da vía procederase á canalización da rede de pluviais e a construción de beirarrúas. O proxecto está financiado con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación.
O concello de Boiro sacou a licitación as obras para mellorar a accesibilidade e dotar de servizos a estrada que conduce á praia de Mañóns.
Ademais de substituír o firme para garantir a seguridade procederase a canalizar as augas pluviais eliminando unha taxea aberta que na actualidade interfire no tráfico.
O proxecto contempla tamén a dotación de beirarrúas de cinco metros de ancho e o acondicinamento dunha zona para o estacionamento de vehículos.
O proxecto ascende a máis de 42 mil euros, con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. As empresas interesadas poden presentar ofertas ata o 16











