Elnosa poderá continuar coa súa actividade ata que o Consello do Estado resolva o expediente

Pontevedra>  A subdelegada do Goberno en Pontevedra foi clara nesta xornada ante a situación de ELNOSA e do Goberno Central. Ante de nada Larriba quixo explicar que estamos ante un expediente de caducidade por instancias xudiciais da Audiencia Nacional por incumprimento da lei.

Un expediente que agardan poder resolver dende o Estado, o seu consello, canto antes. Larriba deixou claro que ante a lei o consello do estado é o único que pode resolver e solventar esta situación.

Ata que se resolta esta situación, cuestión de días ou semanas, ELNOSA poderá continuar coa súa actividade.

Todo parece indicar que a resolución do expediente ao igual que a da avogacía do estado e da administración provincial de costas será negativa a esta prórroga e o peche será igualmente inminente nas vindeiras semanas e por lei. O estado ten ata o mes de outubro para resolver este expediente.