O Concello de Pontevedra conxelará as taxas e impostos municipais de 2020

PONTEVEDRA> O Concello conxelará, por sexto ano consecutivo, as taxas e impostos municipais de 2020. Deste xeito, o goberno municipal aposta por seguir actualizando os censos e buscar a equidade impositiva a través das inspeccións fiscais. Nos últimos cinco anos, o incremento das taxas e impostos tería que ser dun 3,5%, o que reportaría ás arcas municipais 2 millóns de euros anuais.

Por sexta vez consecutiva, no ano 2020 o Concello conxelará as taxas e impostos municipais. O goberno local volve a apostar así por seguir actualizando os censos e buscar a equidade impositiva a través das inspeccións fiscais. Deste xeito, Pontevedra seguirá tendo, tal e como confirman os datos do Ministerio de Facenda, unha das presións fiscais máis baixas de toda España.

Tras a conxelación dos impostos e taxas no ano 2020, o goberno local centrarase en pechar a partida correspondente a persoal. Nela, contemplarase o acordo asinado entre os sindicatos e o Goberno Central, que fixaba para o trienio 2019-2020-2021 un incremento do 2%.

O terceiro paso para a elaboración dos Orzamentos municipais serán as transferencias do Estado. O goberno local espera recibir en 2020 a mesma cantidade que este ano, case 19 millóns de euros.

Nos últimos cinco anos o goberno local optou por conxelar as taxas e impostos. Uns datos que poderían ter suposto un incremento do 3,5% ou o que é o mesmo un reporte ás arcas municipais de dous millóns de euros anuais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí