SALNES> O hospital do Salnés conta dende hoxe con atención oncolóxica. O novo hospital de día está dotado cunhas instalacións de 250 metros cadrados e con 5 postos de quimioterapia. Un oncólogo e unha enfermeira específica neste campo atenderán aos pacientes da área do Salnés.
A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés reforza a carteira de servizos asistencias de tipo ambulatorio do Hospital do Salnés. Dende hoxe o sanatorio conta con atención oncolóxica. Este novo servizo facilitará o achegamento asistencial aos centos de pacientes do distrito do Salnés.
O Salnés contará agora cun hospital de día de 250 metros cadrados e dotado con 5 postos para tratamentos de quimioterapia.
A área Sanitaria trasladará ao hospital a un oncólogo e a unha enfermeira específica neste campo.
O hospital de día funcionará de luns a venres en horario de mañá. A previsión é que poidan ser atendidos preto de 20 pacientes ao día.