A UME desenvolve un espectacular exercicio anticontaminación en Noia

NOIA> Ó redor de setenta persoas participaron no simulacro de emerxencia medioambiental desenvolvido no porto de Testal en Noia. O exercicio, coordinado pola Unidade Militar de Emerxencias, contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a confraría e o concello  de Noia

A mediodía saltaban as alarmas no porto de Testal. Un accidente marítimo provocaba un vertido de hidrocarburos ameazando a riqueza da ría. Afortunadamente tratábase dun simulacro que precisamente busca estar preparados á hora de conter un derrame destas características ante unha situación real.

Precisamente esta estacións de descontaminación foi unha das que máis expectación xerou entre os asistentes que se desprazaron ata Testal ou nos días previos á explanada de Labarta onde permaneceron expostos os medios e vehículos da UME.

Preto de setenta efectivos da UME participaron no simulacro coa colaboración de persoal da brigada de intervención medioambiental de Naturgy, Suma 112, 061 e Cruz Vermella.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí