Boiro volverá meterlle un gol ó cancro

BOIRO> Os boirenses volverán facer fala da súa solidariedade. Este sábado celebrarse un partido benéfico en favor da Asociación Española contra o Cancro. A iniciativa está promovida pola hostalería e comercio da vila en colaboración co concello. Con este xa son cinco os partidos solidarios que levan organizados un grupo de hostaleiros e comerciantes de Boiro. O obxectivo non é outro que recadar fondos para a xunta local da asociación española contra o cancro. A organización corre a cargo das cafeterías Barbantia e Kir,s , o secreto de M e M e Serarte co apoio do concello. Colaboran tamén numerosas casas comerciais que doan os agasallos para sortear coa venda de rifas. Dado o éxito dos últimos anos, os organizadores non teñen dúbida de que todo Boiro volverá afanarse en colaborar nesta boa causa ó tempo que poderán desfrutar dunha xornada deportiva e de convivencia.