Un intercambio de cota con Andalucía permite ó cerco pescar bocarte na IXa

PORTO DO SON> O cerco galego dedicarase ó xurelo e ó cabalón tralo peche da sardiña. Poderán ademais capturar bocarte na zona IX a tras un intercambio de cota con Andalucía.Aínda que a flota do cerco xa o agardaba, o peche da pecaría da sardiña chegou nun momento no que a especia estaba alcanzando un bo valor do mercado. O esgotamento do cupo asignado para o mes de agosto  provocou que xa non se poda pescar sardiña en toda Galicia, co fin de preservar o recurso e avanzar cara a recuperación da especie. Mentres tanto os cerqueiros galegos poderán pescar xurelo, cabalón e tamén bocareu, grazas a un intercambio de cota con Andalucía.De cara ó próximo ano, confían en que a administración non decrete o peche total da pescaría. Entenden que debería permanecer aberta, aínda que con cotas similares ás deste ano co fin de manter a actividade económica dos profesionais do mar ó tempo que se garante a recuperación progresiva do caladoiro.