A Orquestra Sinfónica de Galicia actuará no novo auditorio de Ribeira

RIBEIRA> O auditorio de Ribeira abrirá as súas portas o 15 de xuño cunha programación de luxo. Ata mediados de xullo desenvolveranse espectáculos de música, teatro e danza de primeiro nivel. A intención do concello é facer desta instalación un referente cultural en toda a comarca.

O concello de Ribeira programou un intenso mes de actividades, de mediados de xuño a mediados de xullo, para encher de contido o novo auditorio. O día da inauguración, o sábado 15, celebrarase un acto institucional de apertura co concerto a orquestra de cámara galega e previa animación de rúa. O domingo 16, os nenos serán so principais protagonistas cuo musical infantil ‘O Mundo Máxico de Pinocho’.

O martes 18 terá lugar unha das actuacións máis agardadas a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Ó longo de todo o mes seguirán a desenvolverse espectáculos musicais, de teatro, sanza ou mesmo circo. Pero as actividades non rematará a mediados de xullo senón que a intención do grupo de goberno é deseñar unha programación estable para converter a Ribeira nun referente cultural.

Tódalas actividades serán de balde e poderá retirarse invitación unha hora antes do comezo agás no acto inaugural que se accederá por orde de fila.