RIANXO> Vai alá máis dunha semana da celebración do pleno no que o grupo de goberno formado unicamente polos cinco edís de Rianxo en Común non foi quen de sacar adiante a súa proposta organizativa, ó atoparse de cheo co voto en contra do resto de forzas da corporación.
Para o PSOE transcorreu o tempo suficiente para que o equipo de goberno entenda da necesidade de chegar a un acordo que permita a constitución dun goberno coa maioría suficiente para mellorar o funcionamento do Concello. De aí, que de novo, lle volva a tender a man.
O voceiro socialista quixo facer tamén unha serie de puntualizacións respecto ó voto en contra emitido no pleno de organización, xa que ó seu xuízo non se está a entender o suficientemente ben o seu posicionamento naquela sesión.
Rial insiste en que os verdadeiros prexudicados por esta situación son os propios veciños, que ven seriamente mermada a atención que se lle presta dende o Concello.