O concello de Ribeira derrubará unha vivenda en Fondevila para mellorar a circulación

RIBEIRA> O concello de Ribeira adquiriu unha vivenda en Fondevila para dar solución ós problemas de tráfico que ocasionaba. O inmoble, con máis de cen anos de antigüidade, invade parcialmente a vía nunha curva moi pechada, dificultando a circulación. O concello de Ribeira procederá ó derrube desta vivenda que hai máis dun século se edificou na rúa Álvaro Cunqueiro de Fondevila. Esta semana, a administración efectuou a compra da vivenda, por un prezo de vinte mil euros. O obxectivo é demoler a edificación e destinar a zona a espazo público, restablecendo a normal circulación na zona. Na actualidade, o inmoble invade a vía nunha zona moi angosta conformado unha curva moi pechada que supoñía un problema para a tránsito de vehículos. Unha vez demolida, continuarase co adoquinado da zona que xa foi acometido no resto da vía co fin de acondicionar por completo a confluencia entres as dúas rúas. Os servizos técnicos do concello xa están a traballar na tramitación administrativa para o derrube da obra que se farán efectivas nas vindeiras semanas.