Os vilagarciáns poderán personalizar o pagamento de taxas

VILAGARCÍA> Os vilagarciáns poderán deseñar un calendario individualizado para o pagamento dos seus impostos. O concello implantará un completo sistema de xestión tributaria para mellorar a administración electrónica municipal. O proxecto sairá a licitación a vindeira semana, cun importe inicial de 462 mil euros.

Os vilagarciáns poderán pagar á carta os seus impostos no concello. Esta flexibilidade será posible grazas á implantación dun novo sistema de xestión tributaria no consistorio, que permitirá aos cidadáns elaborar o seu propio calendario de pagamentos.

A aplicación permitirá realizar consultas e facer outros trámites sobre taxas e recibos que a día de hoxe só se poden efectuar de xeito presencial no concello. Tamén facilitará a conexión entre departamentos e administracións.

O proxecto sairá a licitación a vindeira semana, cun importe inicial de 462.00 euros. A gran parte financiarase con fondos FEDER do programa Vilagarcía Avanza, e o concello só terá que achegar 100 mil euros.

A intención do goberno local é que o novo sistema poida estar en marcha no vindeiro exercicio económico.