X.X. Dieste: ‘Boiro goza da mellor situación económica da súa historia’

    BOIRO> Con estas palabras o alcalde, Xoán Xosé Dieste, facía balance do pleno celebrado onte pola noite no que a corporación municipal aprobaba a conta xeral de 2017. Os datos deixan un remanente bruto de tesourería de máis de 3’7 millóns de euros e unha redución importante da débeda, que se sitúa por debaixo do 40%. A corporación municipal boirense aprobaba onte pola noite a Conta Xeral de 2017. Segundo explicou o alcalde, Xoán Xosé Dieste, trátase do mellor exercicio económico da historia do Concello, o que vén a evidenciar a boa xestión económica levada a cabo nestes anos, cun remanente bruto de tesourería de máis de 3’7 millóns de euros. Outro dato a ter en conta segundo el é a redución da débeda, que se sitúa no 39’5%, moi por debaixo do que establece a lei.