Inchables para nenos e sesións DJ compoñen o programa da Festa da Xuventude de Aguiño

RIBEIRA> O sábado 13 de abril terá lugar na parroquia ribeirense de Aguiño unha nova edición da Festa da Xuventude. Contará coas sesións DJ de Tito Maverik e Mateo Abelleira. O obxectivo desta iniciativa é recadar fondos para as Festas do Carme de Aguiño.

A festa da Xuventude de Aguiño xa se converteu nun evento fixo do calendario festivo de Ribeira. Será o 13 de abril e dará comezo xa ás cinco da tarde na zona portuaria con inchables e actividades para os máis pequenos. a partir das 11 da notie, serán os DJs Tito Maverik e Mateo Abelleira os encargados de animar a festa.

Dende a organización fan un chamamento á veciñanza para que asista ó evento posto que o obxectivo principal é recadar fondos para as Festas do Carme, principais celebracións da parroquia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí