Belén do Campo supervisa a posta a punto do campamento xuvenil de Espiñeira

BOIRO> A Xunta de Galicia traballa na posta a puntos das instalacións xuvenís para acoller os participantes nos distintos campamentos que se desenvolverán durante o verán en toda Galicia. A delegada territorial da Xunta na Coruña supervisaba esta maña os campamentos de Espiñeira en Boiro e Virxe do Loreto no Porto do Son, nos que se acometeron diversas melloras.

Todo a punto para acoller a primeira quenda de mozos que participarán no programa de xuventude de verán impulsado pola Xunta de Galicia. Arrancará o mércores 1 de xullo en distintas instalacións como as que esta mañá visitou a delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña.

Belén do Campo tivo ocasión de supervisar as melloras acometidas nos campamentos de Espiñeira en Boiro e Virxe do Loreto, no Porto do Son, nos que se realizaron tarefas de poda e limpeza de vexetación así como reforzo do alumeado exterior e instalación de novas tendas.

O programa de Xuventude Verán supón unha importante aposta da administración por ofrecer unha alternativa de lecer á mocidade durante a tempada estival facilitando así a conciliación das familias. Tan só nestas dúas instalacións da comarca do Barbanza ofertaranse un total de 1200 prazas.