NOIA> Por terceiro ano consecutivo Noia volverá a acoller as Xornadas de Exaltación do Berberecho. Organizadas pola Confraría de Pescadores, en colaboración con outras entidades, entre as que se atopa o propio Concello, a actividade desenvolverase do 18 ó 21 deste mes de outubro. O cociñeiro Paco Roncero e a comunicadora Angels Barceló serán os protagonistas da terceira edición das Xornadas de Exaltación do Berberecho organizadas pola Confraría de Pescadores de Noia. As Xornadas presentadas esta mañá no Concello desenvolveranse a vindeira fin de semana, do 18 ó 21 de outubro. O último día, o domingo 21, desenvolverase a degustación popular que este ano terá ademais un fin solidario, xa que o donativo dun euro por ración irá a beneficio da Cruz Vermella e Cáritas. Como vén sendo habitual o programa incluirá tamén unas xornadas técnicas destinadas a coñecer a identidade da orixe xeográfica di berberecho galego.
Inicio NOIA