Ribeira disporá este ano de wifi gratuíta

RIBEIRA> Ribeira disporá este ano de wifi gratuíta. O Concello foi dos municipios galegos seleccionados pola Unión Europea para poñer en marcha o proxecto Wifi For You.

Ribeira foi un dos municipios galegos seleccionados pola Unión Europea para poñer en marcha o proxecto Wifi4EU. Nesta primeira fase, que en breve sairá a licitación, prevese a instalación e posta en servizo da rede inalámbrica

A iniciativa permitirá habilitar un total de doce puntos wifi gratuítos na cidade para disfrute de veciños e visitantes. O criterio de selección das ubicacións foi o de alcanzar o maior número de persoas posibles, elixindo puntos céntricos como poden ser o propio Concello, o mercado municipal ou os centros culturais, entre outros.

Nunha segunda fase do proxecto, que se prolongará ata o segundo semestre do 2024, o Concello non descarta tamén levar a wifi gratuíta a tódalas parroquias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí