NOIA> A Marea de Noia organiza unhas xornadas contra o bullying LGTB. Desenvolveranse o 20 e o 26 deste mes e contarán con voces destacadas na loita contra o acoso escolar e a discriminación sexual. O incremento dos casos de acoso escolar relacionados coa discriminación sexual levou á Marea Cidadá de Noia a programar unhas xornadas que buscan concienciar, pero tamén previr, ante posibles casos de risco. Comezarán o sábado cun debate sobre personaxes LGTB na casa da cultura. Proxectarase a película nove de novembro e a xornada concluirá cun coloquio e música. O día 26 os actos trasladaranse ó local dos xubilados no Tapal. As xornadas están dirixidas a educadores, pais e alumnos, así como abertas á cidadanía en xeral interesada en afondar na problemática da discriminación que sofren moitos mozos pola súa orientación sexual.
Inicio NOIA