O PSOE de Ribeira propón emendas por valor de oito millóns ós orzamentos da Xunta

RIBEIRA> Os socialistas ribeirenses demandan investimentos no municipio por valor de preto de oito millóns de euros. Entre os proxectos máis ambiciosos que botan de menos nos orzamentos autonómicos destaca unha partida de catro millóns e medio para a estrada de circunvalación ou millón catrocentos mil euros para a construción dunha nova residencia de maiores. Demandan tamén a creación dun museo do mar e da pesca, cun millón douscentos mil euros, dada a importancia do porto ribeirense como primeiro de baixura en toda Europa. Outras propostas do socialistas, con partidas de menor importe, refírense á reforma do centro de saúde e a ampliación do centro de día, a creación dun cuarto xulgado e do rexistro da propiedade. Demandan tamén un novo investimento para o desenvolvemento do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Natural de Corrubedo.