RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentará unha iniciativa no concello pedindo información sobre a posible instalación dunha antena de telefonía móbil na zona do Carballal. Demandan que se afaste o máximo posible das vivendas.
O BNG tivo coñecemento por varios veciños da intención dunha empresa de telecomunicacións de alugar unha parcela para instalar unha antena de grandes dimensións na zona entre O Caramecheiro e Insuela.
Se ben os nacionalistas non se opoñen a estas instalacións xa que son necesarias para garantir a cobertura de tódolos núcleos, entenden que existe espazo suficiente para afastalas dos núcleos de poboación.
Xa presentaron unha iniciativa no concello demandando información sobre o proxecto e instando ó goberno a actuar para evitar a súa instalación próxima ás vivendas.











